We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Cuarta potencia

by The Homens

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

    Descarga das 12 cancións en múltiples formatos, letras e imaxes da época.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Perfecto 02:32
Estoupa porque si. Elévate, así, e marcha, que este é o lugar perfecto se non tes máis cousas que pedir, nin cousas que vivir nin ganas de facer por ti. Isto é un deserto, man, isto é un deserto de estatuas de sal. Concéntrome en min e cégome, así, e pecho, que este é o instante perfecto para non ter que volvervos ver nin tervos que oír dicirme a verdade, si. Isto é un deserto, man, isto é un deserto de estatuas de sal.
2.
Tigre, tigre! Nunca pares de arder! En negativo nunca podes perder. Tigre, tigre! Quen te pode deter? Deixa de afogarme ou faino xa dunha vez. Nunca pensei ter que arrancarche o corazón. Nunca pensei ter que arrancarcho, pero estou pensando que vai ser mellor. Tigre, tigre! Nunca pares de arder! Dente por dente, non te deixes ceder. Tigre, tigre! Quen te pode deter? Faino pedazos e báñate no que quede del! Nunca pensei ter que arrancarche o corazón. Nunca pensei ter que arrancarcho, pero estou pensando que vai ser mellor. Nunca pensei ter que arrancarche o corazón. Nunca pensei ter que arrancarcho, pero estou pensando que, despois de tanto, vou facerche dano e vai ser mellor.
3.
Crocanti 02:33
Quen paga? E quen recibe? E quen decide que o próximo que escoitarás será que “morro por abrazarte”, ou “tiña tanto que darche”? E valo ter que escoitar ata no medio do mar! Paparapá, este é o momento de escapar e de poñerse ‘metal’, pequena Agneta, e que nos deixen en paz. El paga, e el difunde e di que afunde, e o resto temos que chorar. Se necesitas terapia, non tes por que buscala en calquera lineal dun centro comercial. Paparapá, este é o momento de escapar e de poñerse ‘metal’, pequena Agneta, e que nos deixen en paz. Paparapá, este é o momento de escapar a outro planeta, pequena Agneta, no que nos deixen en paz.
4.
Pinta un océano, e logo pinta o mar, logo un deserto, e aí está o que nos separa. Xunta un exército, contrata un xeneral, dálle instrución de atacar en canto nos vexa andar. Pinta liñas no mapa, estende sal, enterra minas e queima este lugar. Queima este lugar!
5.
Fanny Mae 01:46
Mira, a nosa Fanny Mae! Fixo tanto mal que a temos que querer. Mira, a vella Fanny Mae! Rompeu fogares e outro tanto que non sei, e agora hai que rescatar a Fanny Mae, é moi grande para caer. Fixo tanto mal que non a queremos perder. Mira, a nosa Fanny Mae! Fixo tanto mal que a queremos querer. E agora hai que rescatar a Fanny Mae, é moi grande para caer. Fixo tanto mal que non a queremos perder.
6.
Rei Azul 02:22
Escondido na cuncha está o rei azul, nadando en sangue e cuberto de luz. É un misterio por que, pero sei que sempre estarei. Atrapado no ventre está o rei azul, flotando en sangue e buscando a luz. É un misterio por que, pero sei que sempre estarei. Vive nun asteroide, Cabeza-de-noz, sen saber que agora todo vai peor. É un misterio por que, pero sei que sempre estarei. E se podes perdoar que te trouxese aquí sen preguntar, levareite da man pola galaxia tan gris. É un misterio por que, pero sei que estarei. É un misterio por que, pero sei que sempre estarei. Escondido na cuncha está o rei azul. Tapa cos brazos a cara de hindú. É un misterio por que, pero sei que estarei. É un misterio por que, pero sei que sempre estarei.
7.
E que pasará se nos fartamos de pagar? E se algún día chega o día de cambiar? Tería que haber un sitio no que poidamos quedar, unha praza da Concordia na que axustarmos as contas entre centos de pescozos por cortar. E que pasará se nos dá por reclamar facturas pendentes e recibos sen xustificar? Maquinaríades dez mandamentos, e volta a empezar. E outra vez será o mesmo: os de sempre perderemos a cabeza para que todo siga igual.
8.
Hámster 03:26
Hei, hámster de Småland, non deixes de xirar na túa roda de metal. Hei, mono do Yangtsé, xa non podo volver. Así son as cousas e non van cambiar porque corras máis, as cousas non van cambiar porque berres máis, as cousas non van cambiar porque corras máis. Adúltera de Irán, ardo cando me vas tocar. Pero sabes que as cousas non van cambiar porque me queiras máis, as cousas non van cambiar porque berres máis, as cousas non van cambiar porque te corras máis. Non van cambiar porque corras máis, as cousas non van cambiar porque berres máis, as cousas non van cambiar porque corras máis.
9.
Costa Brava 02:13
Alegrías matemáticas que nos arrastran a catástrofes estatísticas e cifras sen alma... Pode que non volvamos entrar na Cova, vámolo intentar! Que máis nos dá o que pase fóra? Quero volver polo menos unha vez. Se me borras da terra, quero que me prometas que se todo cae non afunde a Costa Brava. Alegrías matemáticas que nos arrastran a catástrofes estatísticas: somos cifras sen alma. Pode que non volvamos a Can Segura, vámolo intentar! Que máis nos dá o que pase fóra? Quero volver polo menos unha vez. Se me borras da terra, quero que me prometas a min que se todo cae non afunde a Costa Brava.
10.
Di, xa: se está tan mal, por que sabe tan ben todo que ten que estar mal visto? Di, xa: se é que está tan mal, por que senta ben e por que é o que necesito? Di, xa: se está tan mal, por que sabe tan ben todo que ten que estar mal visto? Di, xa: se é que está tan mal, por que che deixa de doer se deixas de pensar? E o que falen os que falan vainos dar igual, e o que conten os que contan non nos vai tocar, e o que xulguen os que xulgan non vai importar, así que baila, baila e acaba coa pista. Nada está mirando porque nada está tan alto porque nada está mirando porque nada está tan alto como agora nós os dous estamos. Di xa se a solución é quentarnos diante do ventilador do Maycar. Di, xa: se dis que está tan mal, por que quedan os espectros cada noite a bailar? E o que falen os teus dentes é o que hai que falar, e o que conten os teus dedos é o que hai que contar, e o que xulguen os teus ollos é o que hai que xulgar, así que baila, baila e acaba coa pista! Nada está mirando porque nada está tan alto porque nada está mirando porque nada está tan alto como agora nós os dous estamos.
11.
Alba nuclear 05:03
Alba nuclear, vai e failles ver! Líbraos do mal! Bomba de fósforo! Bomba de hidróxeno! Vai e failles ver! Aurora de neutróns, vai e failles ver que temos a razón! Bomba económica! Bomba demográfica! Vai e failles ver, e que non quede nada en pé! Luz do arsenal, vai e failles ver! Líbraos do mal! Desata a tormenta, redúceos á transparencia, vai e failles ver, e que non quede nada en pé!
12.
Vimos contar que isto non é o final, isto é o principio de algo máis: un novo día está por chegar. Vimos contar que isto non é o final, isto é o principio de algo máis: un novo sol que nos vén abrasar. Temos que cortar pra despois xuntar. Temos que mentir para demostrar que non é o final, é só o principio de algo máis. Vimos contar que isto non é o final, isto é o principio de algo máis: un novo sol que nos vén rescatar. Temos que afogar para respirar. Temos que secar pra poder regar. Non é o final, é só o principio de algo máis. Temos que matar pra poder medrar. Temos que mentir para demostrar que non é o final, é só o principio... ou máis nos val!

about

Cuarta Potencia. Gravado por Santi García nos estudios Ultramarinos Costa Brava en Sant Felliu de Guíxols en xullo de 2009. Masterizado por Víctor García nos Ultramarinos Costa Brava. Santi García e Roger Ortega meten percusións máis ou menos onde lles deu a gana. Isa Fernández Reviriego fai coros en "Costa Brava". Todos os temas teñen licencia Creative Commons. Deseño: Logoferoz

Editado por Lixo Urbano (LU020) e distribuído por Lonxa Cultural.

credits

released July 1, 2009

Cuarta Potencia. Gravado por Santi García nos estudios Ultramarinos Costa Brava en Sant Felliu de Guíxols en xullo de 2009. Masterizado por Víctor García nos Ultramarinos Costa Brava. Santi García e Roger Ortega meten percusións máis ou menos onde lles deu a gana. Isa Fernández Reviriego fai coros en "Costa Brava". Todos os temas teñen licencia Creative Commons. Deseño: Logoferoz

Editado por Lixo Urbano (LU020) e distribuído por Lonxa Cultural.

license

tags

about

The Homens Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact The Homens

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like The Homens, you may also like: