Tres

by The Homens

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.
02:40
2.
02:56
3.
02:10
4.
03:07
5.
03:21
6.
04:00
7.
02:15
8.
9.
10.
11.
04:52

about

Tres. Gravado por Santi García nos estudios Ultramarinos Costa Brava en Sant Felliu de Guíxols en xullo de 2007. Masterizado por Víctor García nos Ultramarinos Costa Brava. Cristina Pujol toca o acordeón en "Calamar" e "Opositora". Eugeni Bigas toca a trompeta en "Calamar" e "Prende o sol". Santi García toca o glockenspiel e as maracas en "La Colombière". Todos os temas teñen licencia Creative Commons

Editado por Falcatruada (FAL-374) e distribuído por Lonxa Cultural

credits

released July 1, 2009

Tres. Gravado por Santi García nos estudios Ultramarinos Costa Brava en Sant Felliu de Guíxols en xullo de 2007. Masterizado por Víctor García nos Ultramarinos Costa Brava. Cristina Pujol toca o acordeón en "Calamar" e "Opositora". Eugeni Bigas toca a trompeta en "Calamar" e "Prende o sol". Santi García toca o glockenspiel e as maracas en "La Colombière". Todos os temas teñen licencia Creative Commons

Editado por Falcatruada (FAL-374) e distribuído por Lonxa Cultural

tags

license

about

The Homens Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact The Homens

Streaming and
Download help

Track Name: Calamar
Mírate: non hai tempo que perder. Fuxirei por un desaugue cando me queiras coller, pero estou paralizado polas túas ondas cerebrais. Es un foguete de feira, es un puto charlatán. Mírame: quero ser un calamar, pasear polas Marianas e saberche escapar, pero botas merda en ondas, e vainos enterrar. Es experto en radiestesia, es un puto electroimán. Prefiro saltar a falar de saltar, prefiro nadar e non pensar, porque cargas, porque me matas. Prefiro marchar sen avisar. Mírame: quero ser un calamar, pasear polas Marianas e saberche escapar, pero estou paralizado polas túas ondas cerebrais. Es un foguete de feira, es un puto charlatán. Prefiro follar a falar de follar, prefiro nadar e non pensar, porque cargas, porque me matas. Prefiro marchar sen avisar. Prefiro cantar a falar de cantar, prefiro nadar e non pensar, porque cargas, porque me matas. Prefiro marchar sen avisar. Prefiro follar a falar de follar, prefiro nadar e non pensar, porque cargas, porque me matas. Prefiro marchar sen avisar, calamar.
Track Name: Cen días
Hei, vai, rompe a tormenta outra vez. Ti e máis eu debemos ser un furacán de clase tres. Hei, vai, caen os raios outra vez, móvese a terra e debe ser un terremoto de forza dez. Hei, vai, as nubes mexan sobre min. Sempre que vés tes que dicir que son peor que o mes de abril. Se das un paso atrás pódoche dar cen días de sol abrasador, se me deixas dar un paso atrás. Hei, vai, rompe a tormenta outra vez. Ti e máis eu debemos ser un furacán de clase tres. Hei, vai, as nubes mexan sobre min. Sempre que vés tes que dicir que son peor que o mes de abril. Se das un paso atrás pódoche dar cen días de sol abrasador, se me deixas dar un paso atrás.
Track Name: Mr. Vai mal
El ten a cabeza nos pés, el é Mr. Vai Mal; e faino todo ao revés, el é Mr. Vai Mal. No inverno velo arder, el é Mr. Vai Mal; e no deserto non quere beber, el é Mr. Vai Mal. Baila con Mr. Vai Mal, baila, es un animal.
Track Name: Monumentos
Os máis altos monumentos. Os trances máis intensos. Os máis altos monumentos cos seus brillos de metal, as luces do milenio, a conquista espacial, a resurrección da carne, as matanzas máis infames, os trances máis intensos teñen moito que envexar aos teus ollos de animal, á túa lingua de animal. Gárdaos en calquera sitio, alí onde os poida atopar. Os máis altos monumentos coas súas torres de cristal, os lumes dos incendios, a conquista espacial, a resurrección da carne, as matanzas máis infames, os trances máis intensos teñen moito que envexar aos teus ollos de animal á túa lingua de animal. Gárdaos en calquera sitio, alí onde os poida atopar.
Track Name: Mira por ti
Só quero saber se me vas mancar, se me vas partir a cara. Só quero comprobar cal é o teu portal para podercho incendiar se te largas, se te largas sen avisar. Só tes que dicir se me vas mentir, se me vas romper as pernas. Só me tes que contar se me vas humillar, se me vou sentir unha merda, se me vas deixar atrás. Mira por ti, porque de ti non vai quedar nada.
Track Name: Opositora
Se non lle ves solución e se che arde o motor, péchate no coche a estudar a situación. Se che para o corazón e se te quedas sen voz, encérrate nas Cancelas ata que pase a dor. E se cres que vas gañar, se te ilusionas de máis, as probas están amañadas, perder é o normal. É o normal.
Track Name: Monte Moriah
Ei, Abe! Ei, Abe, onde vas coa pistola na man? "Vou de festa porque El mo mandou, vou de cabeza ao monte Moriah". Ei, Abe! Ei, Abe, onde vas cunha faca na man? "Vou contento porque El o ordenou. Non hai lamento no monte Moriah". Ei, Abe! Onde vas? "Vou radiante esganar o chaval. Corre o sangue no monte Moriah".
Track Name: A bolsa de Toquio
Se a rabia cotizase no IBEX 35, poderíavos xurar que non habería ninguén máis rico. Hoxe cotizan á baixa as mentiras que me dis. Hoxe a banca gaña. Se o odio cotizase no índice Nikkei, estarían medio mortos, separados do pescozo, uns cantos que eu ben sei. Hoxe cotizan á baixa as mentiras que me dis. Hoxe a banca gaña.
Track Name: Dance the troita
É que fas o que queres ou é que queres o que fas, ou é que fas as cousas do revés? É que queres o que tes ou é que tes o que queres e xa non o consegues ver? Ela di "non pode ser, roubaches demasiado e agora valo devolver". Ela di "non pode ser, rompiches demasiado e a próxima vez conta ata dez". Por iso dance the troita, cuarto triple, dance the troita. É que fas o que queres ou é que queres o que fas, ou é que fas as cousas do revés? É que queres o que tes ou é que tes o que queres e xa non o consegues ver? Ela di "non pode ser, comiches demasiado e agora valo devolver". Ela di "non pode ser, falaches demasiado e a próxima vez conta ata dez". Por iso dance the troita, cuarto triple, dance the troita.
Track Name: La Colombière
As noticias da prensa deportiva todas din que hoxe me vas atacar porque sabes que no fondo para min xa é outono, porque xa sei que é mentira que por min darás a vida, e tanto dá. Os deportes do TX Mediodía contan que xa non me deixas respirar porque sabes que afogo e que quedo en cada porto, e non teño máis abrazos que os que dá o home do mazo, porque estamos feitos para fallar, ei so nunca falla.
Track Name: Prende o sol
Son un can, un cabrón, unha hiena. Prende o sol só para min. Non deixes que morra de pena. Prende o sol só para min. Redución da miña condena. Prende o sol só para min. É tempo dun cambio de escena. Prende o sol só para min.